Nos

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS E ALUMNAS DO I.E.S. VALLE INCLÁN DE PONTEVEDRA.

Somos un grupo de nais e pais de alumnos do I.E.S. Valle Inclán que queremos participar activamente na educación que reciben os nosos fillos;  entendemos que unha canle axeitada de participación é a asociación de nais e pais (ANPA). Desde ela queremos manter un contacto directo cos membros que forman parte da comunidade educativa do I.E.S.

Queremos falar con todos vós para coñecer as vosas inquedanzas, as vosas opinións e as vosas queixas sobre o proceso educativo no que están inmersos os nosos fillos; coñecer os vosos puntos de vista é importante para lanzar iniciativas e plantexar propostas á dirección do instituto. Nestes días algúns de vos respondestes a unha enquisa que lanzamos desde a ANPA para coñecer o voso punto de vista sobre as clases pola tarde e, con vosas respostas, propuxemos no Consello Escolar, a través da nosa representante, a posibilidade de reducir tardes de docencia. Deste mesmo xeito, queremos que a ANPA sirva para transmitir á dirección do I.E.S. ou a estamentos superiores as nosas queixas e dúbidas sobre o funcionamento do instituto.

Nós desexamos a vosa participación; se vós queredes participar ou tedes cuestións que queredes plantexarnos non dubidedes en porvos en contacto connosco a través do noso correo electrónico  (anpavalleinclanpo@gmail.com)

Deja un comentario